viernes, 26 de febrero de 2021

Rosalía de Castro

O 24 de febreiro recórdase o nacemento desta importante escritora galega. Polo que na clase de Lingua Galega estivemos traballando e coñecendo un pouco máis sobre esta poetisa.

Primeiro vimos un pequeno vídeo no que se nos contaba aspectos importantes da vida e obra de Rosalía. Despois, por equipos, traballamos diferentes probas nas que había que dicir se os datos eran verdadeiros ou falsos, completar un texto con información e escribir o que falta en títulos de diferentes obras de Rosalía de Castro.

Ao final, coloreamos un debuxo do rostro de Rosalía.