Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de junio de 2024

Festa da Lingua

Onte tanto a nosa clase como o nosos compañeir@s participaron na emocionante "Festa da Lingua".

Promovida pola organización de Escolas Católicas, as Festas da Lingua Naceron co obxecytivo de fomentar a relación entre centros educativos, compartindo e difundindo experiencias arredor da lingua e da cultura galega. Foio unha xornada chea de actividades, aprendizaxe e, sobre todo, momentos inesquecibles que desfrutamos ao máximo.

Deixámosvos algunhas fotografías para que poidades ver o ben que o pasamos!







lunes, 20 de mayo de 2024

As Letras Galegas nas Ondas

 A pasada semana estivemos festexando unha das celebracións máis importantes do ano na nosa cultura, o Día das Letras Galegas. 

De maneira conxunta cos nosos compañeiros e compañeiras da clase de 2º, fixemos un pequeno programa no que falamos da autora homenaxeada deste ano, Luisa Villalta. 

Aquí tedes a ligazón!

Tamén vos deixamos algunhas fotos do proceso, para que vexades o ben que o pasamos.

Feliz Día das Letras Galegas!








viernes, 16 de junio de 2023

Intercambio postal

 Como unha das actividades finais deste curso na materia de Lingua Galega, a nosa clase de 3º coñecemos a xente nova da man dun intercambio postal!

Durante estas últimas sesións estivemos a preparar unhas cartas para os compañeiros de 4º de primaria do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo, nas cales nos presentamos, contamos as nosas aficións e fíxemoslles algunha que outra pregunta.

Así mesmo, xunto coas cartas, tamén levamos a cabo unha receita do noso prato favorio en Canva, para animalos a que as proben e compartan os nosos gustos.

Pero, ao igual que nós tamén traballamos, os nosos compañeiros e compañeiras de Ribadeo tamén, e esta semana recibimos as súas cartas. Foi unha sorpresa, xa que estábamos no medio da clase de Lingua e xusto chegaron!

Como vades a poder ver nas fotos que vos deixamos abaixo, estábamos moi emocionados e contentos por poder coñecer a novos compañeiros de outra vila de Galicia e que nos contasen un pouco como era a súa vida alá.

Moitas gracias aos compañeiros e compañeiras de Ribadeo por participar con nós nesta actividade tan chula!












martes, 7 de junio de 2022

CONCERTO GALEGO

Durante o mes de Maio, no colexio fixemos diferentes actividades para celebrar a festividade das Letras Galegas. 

Unha destas actividades foi un concerto na que algúns dos nosos compañeiros e compañeiras interpretaron algunhas pezas musicais típicas de Galicia. No noso curso, estivemos preparando na clase de música o himno galego, o cal interpretamos no concerto diante dos nosos compañeiros e compañeiras.

Podedes ver o vídeo cas actuacións aquí debaixo:




lunes, 16 de mayo de 2022

Visita do escritor Ramón Blanco.

Durante a mañá do día de hoxe, na véspera do Día das Letras Galegas, recibimos a visita do escritor galego Ramón Blanco.

Ramón explicounos como foi a súa infancia e como o que comezou coma unha paixón, a escritura en galego, levouno a obter varios recoñecementos na nosa lingua, especialmente coa súa poesía.



Así mesmo, tamén animounos a seguir utilizando a nosa lingua no día a día, así coma a seguir aprendendo sobre a nosa cultura, xa que nós coma galegos e galegas que somos temos a responsabilidade de mantelas con vida.

Agradecemos moito a túa visita Ramón, e moitas grazas polas túas palabras e por contarnos un pouco sobre a túa historia!

viernes, 21 de mayo de 2021

FOTOGRAFÍA DOS VERSOS

Unha das actividades desta semana de conmemoración das Letras Galegas, adicada a Xela Arias, realizouse a lectura de varios versos, de diferentes obras da homenaxeada.

Por equipos, elixiron un deses versos e a partir del reflexionaron sobre o que lles transmitía para reflexalo, a través dunha serie de fotografías, que realizaban polas instalacións do colexio.

Unha vez realizadas as fotografías, había que crear unha montaxe, empregando o Canva, no que transmitir as emocións, ideas, pensamentos... que cada equipo entendía nos versos elixidos.










miércoles, 19 de mayo de 2021

XELA ARIAS

Este ano, polas Letras Galegas, a homenaxeada é a profesora, tradutora e escritora Xela Arias.

Para coñecela un pouco mellor, dende a súa infancia, onde xa comezaba a escribir e a recibir premios, ata o seu traballo como tradutora de obras de Cervantes, Gianni Rodari ou Roald Dahl para a editorial Xerais ou coma escritora, estivemos xogando a través dun Genially moi divertido no que tiñamos que estar moi atentos a pequenos textos das súas obras ou incluso a audios para despois contestar ben ás preguntas do xogo e  hegar así ao final do mesmo.