Durante a mañá do día de hoxe, na véspera do Día das Letras Galegas, recibimos a visita do escritor galego Ramón Blanco.
Ramón explicounos como foi a súa infancia e como o que comezou coma unha paixón, a escritura en galego, levouno a obter varios recoñecementos na nosa lingua, especialmente coa súa poesía.
Así mesmo, tamén animounos a seguir utilizando a nosa lingua no día a día, así coma a seguir aprendendo sobre a nosa cultura, xa que nós coma galegos e galegas que somos temos a responsabilidade de mantelas con vida.
Agradecemos moito a túa visita Ramón, e moitas grazas polas túas palabras e por contarnos un pouco sobre a túa historia!