Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de mayo de 2024

As Letras Galegas nas Ondas

 A pasada semana estivemos festexando unha das celebracións máis importantes do ano na nosa cultura, o Día das Letras Galegas. 

De maneira conxunta cos nosos compañeiros e compañeiras da clase de 2º, fixemos un pequeno programa no que falamos da autora homenaxeada deste ano, Luisa Villalta. 

Aquí tedes a ligazón!

Tamén vos deixamos algunhas fotos do proceso, para que vexades o ben que o pasamos.

Feliz Día das Letras Galegas!








miércoles, 19 de abril de 2023

Visita a la DOMUS

 Aprovechando el viaje a Coruña para el torneo de oratoria, también buscamos tiempo para otra visita interesante: La Casa del Hombre (DOMUS). Es un museo muy interesante, que nos permite acercarnos al conocimiento de las personas de una forma distinta, a partir de muchos datos y curiosidades, basados por supuesto en los conocimientos científicos contrastados.

Y otra cosa interesante de este museo es que todo se puede percibir por los sentidos. Estamos acostumbrados muchas veces que en un museo hay que estar en silencio... no se puede tocar aquí... En este caso ocurre todo lo contrario, lo interesante es tocar, oler, ver, empujar, golpear... ¡Una gozada para los sentidos!

Y además acabas aprendiendo un montón de cosas curiosas sobre ti mismo, tu cuerpo y todas las capacidades y potencialidades que están encerradas en nosotros mismos.







lunes, 6 de marzo de 2023

Mini Mozart, concerto didáctico no Auditorio de Galicia

O pasado venres, as alumnas e alumnos de terceiro e cuarto curso visitamos o Auditorio de Galicia para asistir ao espectáculo Mini Mozart. Esta representación teatro-musical de carácter cómico mostrounos numerosos aspectos sobre a vida e a obra dun dos grandes compositores da historia da música: Wolfgang Amadeus Mozart.

Este foi un concerto didáctico organizado pola Real Filharmonía de Galicia, orquestra que ten a súa sede na nosa cidade, acompañados nesta ocasión por por dous magníficos actores do Serviço Educativo da Casa da Música de Oporto. 








miércoles, 1 de marzo de 2023

Semana Cultural en el Seminario Menor

Ayer tuvimos oportunidad, con nuestros alumnos de 3º y 4º de Primaria, de participar en la Semana Cultural que está celebrando el Seminario Menor la Asunción durante estos días.

Hicimos una visita guiada a la exposición que han preparado en torno a la Ribeira Sacra, a partir de uno de los proyectos interdisciplinares que están trabajando durante estas semanas en las aulas de Secundaria.

Gracias a las explicaciones del profesor Juan y a algunos alumnos de Secundaria que nos acompañaron pudimos conocer un poco mejor la cultura de esta zona de Galicia (literatura, agricultura, arte, oficios...).








lunes, 20 de febrero de 2023

O Entroido en Casa do Neno

A pasada semana, na Casa do Neno celebramos unha das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido!

Durante a semana cumprimos os diferentes Mandatos da Meca, tendo que levar diferentes accesorios ou determinadas prendas de roupa en función do día. As ordes foron as seguintes:

"O luns para variar, os calcetíns por fóra terás que levar"

"Se o martes elegante queres ir, algo no pescozo deberás lucir"

"Igual que as ovellas van ao redil, o mércores da casa trae o teu mandil"

"O xoves a cabeza decorar para a todos espantar"

E, para rematar esta semana tan especial, o pasado venres pola tarde tivemos unha gran festa de Entroido cunha temática sobre o circo, que culminamos merendando doces típicos coma as filloas, as orellas ou as flores de Entroido. Deixámosvos aquí o vídeo da festa para que poidades ver o ben que o pasamos!



Bo Entroido!


jueves, 9 de febrero de 2023

Visitando a Casa-Museo de Rosalía de Castro

A finais deste mes de Febreiro do que xa levamos algúns días, festexaremos a autora máis importante que tivo ata o de agora a lingua e a cultura galega, Rosalía de Castro.

E por esta razón, para coñecer un pouco máis sobre a figura desta autora tan recoñecida, pasamos a mañá de onte visitando cos nosos compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria a que foi a súa casa, hoxe transformada nunha casa-museo, na vila de Padrón.

Alí puidemos apreciar non só onde e como vivía Rosalía na súa época; senón tamén o fundamental papel que a escritora tivo non só no apartado literario, tamén como defensora da lingua e a cultura galegas nun momento moi complicado para a mesma; e quizais o máis importante de todos, como referente para as mulleres nun momento no que a elas apenas se lles daba importancia.

Desfrutamos moito desta saída e, grazas a ela, puidemos coñecer un pouco máis a esta figura tan importante. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!









martes, 17 de enero de 2023

Lugares de Galicia

Durante as últimas sesións da materia de Lingua Galega, levamos a cabo unha tarefa algo singular.

Cada grupo escolleu representar a unha cidade ou vila de calquera lugar de Galicia para facer un lapbook destacando diferentes puntos da mesma, como podían ser a súa orixe, os lugares que se debían visitar... e tamén as razóns que nos levaron a escoller esa vila ou cidade.

Dentro da nosa aula, saíron dende cidades con centos de miles de habitantes ata vilas que non chegan ao millar! Todas elas membras da nosa comunidade autónoma.













Despois de rematar os nosos lapbooks e de presentalos diante dos nosos compañeiros e compañeiras, cubrimos unha diana de auto e coavaliación, na cal tiñamos que avaliar tanto o noso propio traballo coma o dos compañeiros e compañeiras do noso equipo.







Desfrutamos moito deste traballo e descubrimos cousas novas sobre cidades que xa coñecíamos!