viernes, 16 de junio de 2023

Intercambio postal

 Como unha das actividades finais deste curso na materia de Lingua Galega, a nosa clase de 3º coñecemos a xente nova da man dun intercambio postal!

Durante estas últimas sesións estivemos a preparar unhas cartas para os compañeiros de 4º de primaria do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo, nas cales nos presentamos, contamos as nosas aficións e fíxemoslles algunha que outra pregunta.

Así mesmo, xunto coas cartas, tamén levamos a cabo unha receita do noso prato favorio en Canva, para animalos a que as proben e compartan os nosos gustos.

Pero, ao igual que nós tamén traballamos, os nosos compañeiros e compañeiras de Ribadeo tamén, e esta semana recibimos as súas cartas. Foi unha sorpresa, xa que estábamos no medio da clase de Lingua e xusto chegaron!

Como vades a poder ver nas fotos que vos deixamos abaixo, estábamos moi emocionados e contentos por poder coñecer a novos compañeiros de outra vila de Galicia e que nos contasen un pouco como era a súa vida alá.

Moitas gracias aos compañeiros e compañeiras de Ribadeo por participar con nós nesta actividade tan chula!