Mostrando entradas con la etiqueta #vida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #vida. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de junio de 2023

Intercambio postal

 Como unha das actividades finais deste curso na materia de Lingua Galega, a nosa clase de 3º coñecemos a xente nova da man dun intercambio postal!

Durante estas últimas sesións estivemos a preparar unhas cartas para os compañeiros de 4º de primaria do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo, nas cales nos presentamos, contamos as nosas aficións e fíxemoslles algunha que outra pregunta.

Así mesmo, xunto coas cartas, tamén levamos a cabo unha receita do noso prato favorio en Canva, para animalos a que as proben e compartan os nosos gustos.

Pero, ao igual que nós tamén traballamos, os nosos compañeiros e compañeiras de Ribadeo tamén, e esta semana recibimos as súas cartas. Foi unha sorpresa, xa que estábamos no medio da clase de Lingua e xusto chegaron!

Como vades a poder ver nas fotos que vos deixamos abaixo, estábamos moi emocionados e contentos por poder coñecer a novos compañeiros de outra vila de Galicia e que nos contasen un pouco como era a súa vida alá.

Moitas gracias aos compañeiros e compañeiras de Ribadeo por participar con nós nesta actividade tan chula!












miércoles, 12 de abril de 2023

"Un planeta cheo de vida"

Tócanos hoxe empezar co proxecto deste terceiro trimestre do curso. E xa temos plantado no noso muro de clase o tópico xenerativo que nos vai a guiar ao longo do proxecto: "Un planeta cheo de vida".

Os fíos condutores xa nos dan as primeiras pistas do camiño que imos seguir: Que coñeces dos seres vivos que viven cada día ao teu arredor? Que características compartimos as persoas cos demais seres vivos? Que cousas podemos facer para conservar mellor a vida na Terra?

A cousa empezou ben esta mañá, co paseo polos xardíns do colexio, explorando e contemplando os seres vivos que aparecían ante nós. Empezamos a traballar no noso caderno de campo, para ir recollendo toda a información e as evidencias desa exploración da nosa contorna natural.