A finais deste mes de Febreiro do que xa levamos algúns días, festexaremos a autora máis importante que tivo ata o de agora a lingua e a cultura galega, Rosalía de Castro.
E por esta razón, para coñecer un pouco máis sobre a figura desta autora tan recoñecida, pasamos a mañá de onte visitando cos nosos compañeiros e compañeiras de 4º de Primaria a que foi a súa casa, hoxe transformada nunha casa-museo, na vila de Padrón.
Alí puidemos apreciar non só onde e como vivía Rosalía na súa época; senón tamén o fundamental papel que a escritora tivo non só no apartado literario, tamén como defensora da lingua e a cultura galegas nun momento moi complicado para a mesma; e quizais o máis importante de todos, como referente para as mulleres nun momento no que a elas apenas se lles daba importancia.
Desfrutamos moito desta saída e, grazas a ela, puidemos coñecer un pouco máis a esta figura tan importante. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos!