lunes, 20 de febrero de 2023

O Entroido en Casa do Neno

A pasada semana, na Casa do Neno celebramos unha das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido!

Durante a semana cumprimos os diferentes Mandatos da Meca, tendo que levar diferentes accesorios ou determinadas prendas de roupa en función do día. As ordes foron as seguintes:

"O luns para variar, os calcetíns por fóra terás que levar"

"Se o martes elegante queres ir, algo no pescozo deberás lucir"

"Igual que as ovellas van ao redil, o mércores da casa trae o teu mandil"

"O xoves a cabeza decorar para a todos espantar"

E, para rematar esta semana tan especial, o pasado venres pola tarde tivemos unha gran festa de Entroido cunha temática sobre o circo, que culminamos merendando doces típicos coma as filloas, as orellas ou as flores de Entroido. Deixámosvos aquí o vídeo da festa para que poidades ver o ben que o pasamos!



Bo Entroido!