viernes, 19 de febrero de 2021

Recetario de Entroido

 Con motivo da festa do Entroido, o alumnado de terceiro elaboramos un rico recetario cos platos típicos destas datas. 

Inclúe platos salgados como o lacón con grelos e as filloas salgadas e tamén os riquísimos postres doces como as flores de entroido, as orellas e as filloas doces.

Cada equipo elixiu primeiro a receta que quería elaborar. Despois, nunha cartulina plasmouse a receta cos ingredientes e os pasos da elaboración de cada receta.

A continuación, vestidos coma expertos cociñeiros, gravamos unha serie de vídeos explicando a realización de cada receta e eses vídeos pasaron a un recetario con códigos QR.

Deixámosvos a continuación os enlaces aos vídeos das diferentes recetas. Bo proveito!!!!!

Lacón con grelos


Filloas salgadas


Flores de Entroido


Orellas


Filloas doces