Co comezo do novo proxecto e do novo trimestre, tamén implica que temos cambios na plataforma de Classcraft.
Para os que non a coñezades, Classcraft é unha plataforma de gamificación que usamos todos os días na materia de Lingua Galega. Igual que na nosa aula, nesta plataforma tamén estamos agrupados de igual maneira.
Cada un de nós ten un personaxe, que podemos elexir entre 3 clases (guardiáns, magos e sanadores). Cada unha destas clases ten unhas características diferentes e unha serie diferente de poderes. Algúns destes poderes serven para curar ou protexer a un compañeiro/a, poder escoitar música mentres facemos unha actividade...
Así mesmo, cando imos acadando diferentes obxectivos ou temos uns comportamentos positivos na aula, conseguimos experiencia para subir de nivel aos nosos personaxes, conseguindo así desbloquear novos poderes, roupa, accesorios e incluso mascotas!
Pero tamén, igual que temos unha recompensa polas nosas boas accións, tamén podemos perder vida do noso personaxe cando non nos comportamos dunha maneira adecuada.
Dentro do propio Classcraft, tamén utilizamos diferentes ferramentas como pode ser un medidor de volume, temos eventos que nos piden facer cousas como falar cun ton de piratas ou batallas de xefes que nos axudan a repasar cousas que xa traballaramos previamente na clase.
Grazas a Classcraft, os nenos e nenas de 3º desfrutamos moito máis nas nosas clases de Lingua Galega e aprendemos dunha maneira máis lúdica.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ven que o pasamos configurando os nosos personaxes neste inicio de proxecto!