Na tarde do pasado venres celebramos no colexio unha das celebracións máis típicas do outono galego, O MAGOSTO!
Comezamos a tarde comendo, como non, as típicas castañas asadas mentres tiñamos de fondo música típica de Galicia.
Despois, pasamos o resto da tarde desfrutando de adaptacións de xogos típicos coma a chave, a ra ou a mariola entre outros.
Desfrutamos moito con esta celebración tan típica da nosa terra. BO MAGOSTO!