Hoxe empezamos novo proxecto emocionados!! Somos axudantes da Nasa e para conseguir o noso carné, primeiro tivemos que superar unhas probas nun scaperoom virtual por grupos.
Máis tarde, fixemos a portada do noso porfolio e un CSI sobre a situación de aprendizaxe.
Tamén decoramos a nosa insignia, unha estrela, para formar unha constelación cunha palabra que queremos traballar como clase este trimestre.
Seguiremos informando!