Estamos a analizar os diversos elementos que dan forma ao relevo da nosa terra, aos ríos e ás costas.
Para manexar un pouco todos eses conceptos tan raros que aparecen ( chaira, val, serra, arquipélago,...) estivemos a crear un xogo, o que chamamos "o dominó da paisaxe". E por suposto, estivemos despois un intre xogando con el.