Comezamos a lectura en voz alta na clase de Lingua Galega.
Eliximos un libro do Ta-Tum sobre historias un pouco estrambóticas, pero moi divertidas.
Cada semana prepararemos na casa un capítulo coidando moito a velocidade de lectura, a entonacións, as pausas, a postura, mirada á fronte, etc.
O día que practicamos a lectura na clase, colocámonos ante un atril e facemos a nosa actuación. Tras acabar, os nosos compañeiros comentan que tal fixemos e así tamén aprendemos a facer crítica constructiva.