sábado, 17 de noviembre de 2018

O xogo das sílabas

Ao longo da semana estivemos traballando, nas clases de Lingua Galega, as diferentes palabras segundo o número de sílabas e tamén identificando as sílabas tónicas e átonas. Para rematar as sesións, realizamos un xogo no que durante un periodo de tempo había que escribir tantas palabras en galego como coñecemos dunha, dúas, tres ou máis sílabas. Así aproveitamos para ver canto vocabulario coñecemos, que non é pouco!