lunes, 4 de marzo de 2024

Róbotica

Comezamos coa robótica dos maiores!! Dentro de todo o abanico Steam que traballamos, deixamos de lado ao noso amigo Kubo, para coller as nosas caixas de construccións de pezas e crear dende cero o noso propio robot e programalo!
Ao principio sonaba todo a chino...pero traballando paso a paso e seguindo as instruccións da nosa plataforma Wedo, conseguimos o noso obxectivo.
Como estamos a traballar a Prehistoria no proxecto, e dentro dos inventos importantes está a roda, fixemos un coche. 
Primeiro tivemos unha rutina de pensamento onde escribimos o que creiamos que era a robótica, máis tarde vimos un vídeo como situación de aprendizaxe de como a roda axudou a evolucionar  a nosa forma de movernos e por  último... a construir e programar!!
Aquí deixmosvos unhas mostras.