miércoles, 19 de mayo de 2021

XELA ARIAS

Este ano, polas Letras Galegas, a homenaxeada é a profesora, tradutora e escritora Xela Arias.

Para coñecela un pouco mellor, dende a súa infancia, onde xa comezaba a escribir e a recibir premios, ata o seu traballo como tradutora de obras de Cervantes, Gianni Rodari ou Roald Dahl para a editorial Xerais ou coma escritora, estivemos xogando a través dun Genially moi divertido no que tiñamos que estar moi atentos a pequenos textos das súas obras ou incluso a audios para despois contestar ben ás preguntas do xogo e  hegar así ao final do mesmo.