jueves, 16 de mayo de 2019

Letras Galegas

Como cada ano, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e o homenaxeado deste ano é o etnógrafo Antonio Fraguas.

Para coñecelo mellor estivemos profundizando na súa biografía descubrindo importantes aportacións á cultura, tradicións e lingua galegas e o desenvolvemento do seu traballo en espazos coñecidos da nosa cidade como son o IES Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego.

A través de diferentes textos puidemos coñecer tamén as tradicións galegas vinculadas ao traballo no campo, no mar, o magosto...