jueves, 17 de enero de 2019

Xogamos coas palabras

Para mellorar a identificación das sílabas tónica e átonas, en Lingua Galega, realizamos un xogo en grupos no que entre todos os compoñenetes do grupo tiñamos que deletrear, silabear e identificar os diferentes tipos de sílabas. Isto axudaranos a recoñecer mellor os tipos de palabras segundo o lugar que ocupa a sílaba tónica. Gústanos moito aprender xogando xuntos!